Onte á noite estaba eu cos meus amigos suecos bebendo unhas cervexas de despedida nun bar do centro. De súpeto, un sueco descoñecido que sentaba preto de nós, comeza a falarme en galego. Con gheada e todo!!! Resulta que estivera de erasmus en Santiago! E eu tristemete sen saber case nen papa de sueco…
Un pouco antes, e no mesmo bar, un finés cuarentón, preséntsemeame como íntimo amigo do xa defunto Jesús Gil e posuidor de sete Jaguar fruto dos seus negocios en Marbella. Dime que non me deixe enganar, que aínda que a sueca sexa máis fermosa, a española ten moita máis vida interior. Que agora non o vou entender, que aínda son moi mozo :)
Todo xunto, curiosamente, na miña última noite en Göteborg.


